Como coidar un automóvil

Facer un axeitado mantemento a un coche pode evitarche caras reparacións.
Aquí presento 9 tarefas de mantemento básicas:
#1 Cambio de aceite cada ano ou 10000km como mínimo. Debe cumprir as especificacións do fabricante do automóvil. Non debe superarse o nivel máximo para non danar o catalizador.
#2 Cambiar o filtro de aceite cada vez que se cambia o aceite. De non facelo se corre o risco de de deixar o motor inservible por falta de presión de aceite.
#3 Cambiar correa / cadea de distribución cada tantos km como especifique o fabricante. Non se debe arrancar o motor acelerando nin circulr a moi altas revolucións para evitar que se rompa antes de tempo. En caso de romperse vai preparando a carteira.
#4 Cambiar o anticonxelante cada 2 anos para evitar corrosión. De non facelo pode fallar o termostato ou o enfriador do aceite (con todo o que isto implica).
#5 Cambiar o filtro de combustible cada 30000km para evitar que a bomba de alimentación se poida estropear.
#6 Cambiar o aceite da caixa de cambios.
#7 Cambiar o filtro de aire cando estea moi sucio. Aumenta o consumo e perdese potencia en caso contrario.
#8 Nos de gasolina, limpar as buxías e comprobalas con un calibrador. Este mantemento aforra combustible.
#9 Comprobar que a presión de aire das rodas sexa correcta. Aforra combustible e evita que se gasten de forma incorrecta.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Máquina de movemento perpetuo basada en turbinas

Pila con Betadine

Homeopatía = estafa