Pila con Betadine

Na maioría das pilas e baterías se utiliza unha substancia ácida ou cáustica como electrolito, en esta entrada vou ensinar como se pode construir unha pila usando povidona iodada. Si estivese ben feita incluso sería recargable.
A configuración da celda é a seguinte:
Electrodo positivo de cobre.
Electrodo negativo de aluminio.
Electrolito con boa conductividade ionica e con iodo disolto (betadine da marca do supermecado pode servir).
Conseguín 0.7v. Si desexasemos encender un LED teríamos que conectar 5 desas celdas en serie e repetando as polaridades tanto do led como das pilas.
Se en esta pila usasemos unha sal de amonio líquida a temperatura ambiente con ioduro de calcio disolto e barras de grafito como electrodos, teriamos unha pila recargable e que entregaría o dobre de voltaxe, pero deixaria de ser interesante por non se poder facer facilmente a nivel caseiro.
Ata a próxima.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Máquina de movemento perpetuo basada en turbinas

Homeopatía = estafa