Máquina de movemento perpetuo basada en turbinas

Atención: nesta páxina non se pretende enganar á xente, como facia o Tío Vázquez. Coma un pseudoinventor en todo caso.

Sabían que unha bomba de calor pode produccir ata 4 kW de calor a partir de 1 kW de electricidade? Pois non vulnera os principios da termodinámica porque se absorbe esa enerxía do ambiente. A idea é construir unha turbina capaz de funcionar simplemente coa diferenza de temperatura que ela mesma produce.
Para que isto funcione esa turbina debe ser extremadamente eficiente. A aerodinámica dos alabes ten que ser a adecuada, os extremos dos alabes ten que xirar a unha velocidade próxima á do son (teria que ser grande para que xirase a soamente 3000 voltas por minuto e se produccise electricidade a 50 Hz), a relación de compresión canto mais grande mellor e non debe haber fugas polas que se perda presión por ningún lado. Así mesmo estudos feitos por enxeñeiros indican que é posible incrementar a eficiencia se o aire se enfria na compresión e se quenta durante a expansión. Polo tanto se deben usar duas turbinas de forma que a calor que se producce no compresor dunha quente á turbina de expansión da outra.
Esta máquina non só producciria enerxía de forma limpa e ilimitada, ademais baixaría a temperatura da atmósfera tanto de forma directa como indirecta. De forma directa xa o expliquei. E de forma indirecta porque condensa no compresor o vapor de auga presente no aire ( o vapor de auga producce 5 veces mais efecto invernadoiro a nivel global que o mismisimo CO2). Por todo isto pídolles cartos para sacar adiante o proxecto e así salvar o planeta. E xa me encargarei de xestionalos.

Comentarios

  1. Non puden compartila , pero se queres pois o fago , ainda que non sei como

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Pila con Betadine

Homeopatía = estafa